Este traballo supuxo todo un reto para BichoDoFaio porque necesitaba ese plus de calidade que se lle deben dar ós eventos importantes.
Neste caso o evento contará coa presencia dun afamado DJ, popular por estar presente en GOA Madrid, Ibiza... etc.
BichoDoFaio, como xa é costume, non podía facer un cartel con antifaces e confetti. A elegancia debía estar presente, e con un par de detalles tiña que ser suficiente para plasmar un leve toque carnavaleiro.
Unha tipografía circense e un fondo, elaborado coma sempre dende cero por BichoDoFaio, rompen coa seriedade total do resto da composición... Vixilada dende a parte dereita pola imaxe de Marcos In Dub, co seu peculiar estilo.
Este é o resultado final:
No hay comentarios:
Publicar un comentario