martes, 6 de mayo de 2014

LOGOTIPO "CLUBE PARAPENTE FERROL"

E non paramos! Neste caso presentamos un logotipo que inclúe mascota, recientemente bautizada como Tuzariño polos cabecillas deste exército de homes voadores.

Querían un logo que recordara as escarapelas circulares vinculadas ó mundo do voo, as estrelas sempre tan presentes neste tipo de deseños e... -"Queremos un xabarín". Así de clara foi a cousa.

Pois con escarapela, con estrela e con xabarín, aqui volo deixo:



O logotipo aplicarase entre outras cousas a camisetas, pegatinas... etc.



E déixovos tamén unha simulación enfocada á súa aplicación en papelería corporativa.




TARXETAS GRUPO FLÁNAGAN´S

Hoxe presentamos un traballo de fai xa tempo, realizado para o Grupo Flánagan´s. Ainda que a tarxeta é desplegable, de momento só vos mostraremos as partes exteriores. Se a queredes ver por dentro... pasádevos por calquera dos tres locales.


lunes, 5 de mayo de 2014

ENERXÍZATE (Identidade Corporativa)



E imos con outro traballo de identidade corporativa. Neste caso, trátase dunha empresa adicada ás cada vez máis necesarias enerxías renovables

ENERXÍZATE xorde da man de tres persoas moi novas que buscaban, dende o primeiro momento, unha imaxe fresca e moi sinxela para a súa marca, sen deixar de lado a representación da natureza.

Trátase do traballo máis "gordo" ó que me enfrontei ata agora, dadas as múltiples aplicacións que terá o logo, dende o seu bordado en uniformes, pasando por papelería, rotulación de vehículos, rótulo do local...

Déixovos o logotipo aplicado nun par de simulacións (bordado e rótulo), así como o deseño final das tarxetas de presentación.






SENSACIÓN SURFESCOLA

Hoxe presentamos un novo logotipo, neste caso un deseño alternativo para a escola Sensación Surf de Foz.
Este deseño aplicarase, nun principio, soamente a camisetas.

 


E aquí tedes unha simulación de cómo quedarían as camisetas...


jueves, 20 de febrero de 2014

CAMPIONATO GALEGO DE ALADELTA E PARAPENTE


Seguimos presentando traballos, e neste caso mostrámosvos o primeiro dunha serie de moitos que iremos realizando no sector dos deportes de riesgo.

Trátase do cartel oficial do "Campionato galego de aladelta" e da "Liga galega de parapente".  Ó coincidir coas datas de carnaval, os organizadores querían un toque no cartel que o deixara claro. 

Calzándolle uns zapatos de payaso ó parapentista en cuestión, o toque estaba dado. As cores e a composición, acompañadas dun paisaxe tamén coloreado fixeron o resto.

Aquí vos deixo o resultado final:




lunes, 10 de febrero de 2014

LOGOTIPO COGE3

Nesta ocasión temos o orgullo de presentar a nosa primeira colaboración con unha iniciativa tan innovadora como solidaria co medio ambiente, a cal realizamos, como é evidente, de forma totalmente desinteresada. Trátase de COGE3, e para os que non sepades de qué vai a cousa, aquí vos deixo o link á súa noticia nos informativos da TVG.

 http://www.crtvg.es/informativos/coge3-convida-a-coidar-o-entorno-e-compartilo-nas-redes-sociais-732123


De momento, o único que puidemos salvar do secreto de sumario foi o logotipo, que hoxe vos presentamos en dúas versións. Nos próximos días mostrarémosvos as camisetas, pegatinas... etc.

 Nesta primeira versión, acompañado polo seu símbolo, e a unha tinta. Así o veredes, cada vez máis, tanto en carteis, camisetas, pegatinas... etc.



E esta versión, para as aplicacións en escala de grises, na cal vos mostramos o logotipo sen a compañía do símbolo.

martes, 31 de diciembre de 2013

Logotipo para o Club Ciclista Foz

Rematamos o ano traballando, e presentámosvos un dos últimos proxectos que realizamos neste 2013.

Trátase da renovación da imaxe corporativa do Clube Ciclista Foz que, ainda que levan en activo máis de 25 anos, nos dubidaron en modernizar a súa imaxe.

Dende o principio quedou claro que o logotipo debía denotar que se trata dun club con anos á espalda, polo que prescindimos de movernos en estilos demasiado futuristas.

Gracias ás aportacións, opinións e ideas de moitos dos seus integrantes, chegamos rápido a unha solución que os agradaba a todos, mantendo a cor azul e branca típica xa nas súas equipacións.

Aquí vos deixoo resultado final na súa versión en branco:


E unha simulación para aplicacións en 3D tales como trofeos, rótulos, pins...








jueves, 26 de diciembre de 2013

I RUTA BTT "da merluza de Burela"

Un ano máis, BichoDoFaio será o encargado de publicitar un evento organizado polo Clube Ciclista Burela.

Como sucedeu no IV DESAFÍO BTT, buscamos a maneira de darlle un xiro á estética da súa publicidade, intentando sairnos dos patróns típicos.

O seu principal patrocinador, ABSA, quería un cartel con presencia mariñeira e... textualmente... CON MERLUZAS.

Tras moito traballo de fotografía e unha posterior labor en PHOTOSHOP, conseguimos que merluzas e ciclistas compartisen caixa. Manipulamos tamén unha factura de ABSA para engadir nela toda a INFO do evento... e acomodamos todo isto nun cartel canto menos diferente.

Aquí o resultado final:

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Logotipo para "A Ponte de Ferro"

Hoxe BichoDoFaio ten o honor de presentarvos esta marca, que nace en Fazouro para traernos un montón de propostas en artesanía en moda e complementos!

A ponte de ferro é un dos símbolos máis representativos de Fazouro, e era unha premisa fundamental que figurase no logotipo que, á vez, debía ser circular e moi sinxelo.

O resultado final, despois de moitos bocetos é este:

E estas son as tarxetas de presentación, impresas en papel 100% reciclado, cun acabado lixeiramente marcado polos resíduos propios da reciclaxe, e nunha soa tinta. 

Unha tarxeta totalmente sinxela, elegante, e que inspira o modelo de traballo de "A ponte de ferro"






miércoles, 7 de agosto de 2013

Cartel 1º Aniversario O ALMACÉN (Viveiro)

Foi chegar o verán... e BichoDoFaio non para! 

O ALMACÉN de Viveiro fai un aniño... e celébrao por todo o alto con queimada e música da man de Sunday Morning Club... e cun cartel Made In BichoDoFaio!!

Unha estética informal, textos organizados de xeito clásico ó tratarse de dous días de festa... e a fusión de elementos dixitais con debuxo a rotulador para darlle a este cartel un toque máis enxebre... digno do ALMACÉN.

Aquí vos deixo o resultado final:


viernes, 2 de agosto de 2013

MARUXAINA ´13 no Pulgas!

Pois tras unha serie de traballos, os cales non nos permiten publicar aquí, imos cun traballo de emerxencia para o Pulgas (San Cibrao), que nesta ocasión se viste de Beach Club para presentar unha xornada Maruxaina con música por todo o alto.

Un cartel encargado con presas, feito con máis presa ainda... pero cun resultado fabuloso.

Dende as 12 do mediodía, na praia, cun sol que se espera abrasador... E todo iso nun cartel!

Para qué contarvos máis... aquí vos deixo o resultado final: 




martes, 18 de junio de 2013

Cartel para o "XIV FESTIVAL AIRES DO MASMA"

Tras un parón por exames, exames e máis exames... Volvemos con máis proxectos!! 

Este ano, o cartel do "XIV Festival Aires do Masma", caeu nas mans de BichoDoFaio deseño gráfico!!

Trátase dun festival folclórico ó que cada ano acuden grupos de música e baile tradicional de Galicia, do resto de España, e de Portugal. Querían un cartel diferente ó resto dos anos, pero sen chegar a algo demasiado rompedor. Había que manter o espíritu folk, e darlle un toque musical. 

Tipografías manuais e enxebres, cores retro, e aspecto festivo! Despois desta breve introducción... soamente nos queda presentar o cartel, e anunciar que xa estamos traballando no deseño do logotipo da asociación A SUBELA!!

En breves máis info, aquí queda o cartel con e sen patrocinadores, e o flyer co repertorio que interpretará cada grupo:







viernes, 26 de abril de 2013

Cartel para SOHO CLUBBING (Viveiro)

Despois de Foz e Burela, BichoDoFaio chega a Viveiro con  un cartel para Soho Clubbing.

Non querían separarse moito do estilo que predomina neste tipo de eventos. Efectos, tipografías transgresoras, brillos, cores ácidas, vinilos e altavoces... pero claro, BichoDoFaio non podía deixar ahí a cousa.

Había que facer un cartel con efectos, tipografías transgresoras, brillos, cores ácidas, vinilos, altavoces...

E UNHA COBAIA!! Este é o resultado final:


lunes, 8 de abril de 2013

Publicidade para o IV DESAFÍO BTT (Clube Ciclista Burela)

Hola Bichos do Faio!! Xa temos todo o pack publicitario do IV DESAFÍO BTT do Clube Ciclista Burela!

Comezamos polo logotipo, que se presenta en dous formatos, horizontal e vertical




Imos agora co traballo de cartelería:

Querían un cartel diferente. A foto do ciclista co texto por encima xa os aburría. Buscaban un cartel orixinal, que identificase o seu evento sobre os demáis e con un toque de simpatía.

O problema xorde cando hai que engadir tanta información e logotipos nun cartel tan sinxelo... Nada que non se poida solucionar con moitos bocetos e dores de cabeza movendo textos dun lado para outro.

O cartel máis complexo en canto a realización que deseñei ata agora... co resultado dunha boa aceptación por parte da xente do clube. Moi pronto os veredes pegados por toda a Mariña e outros moitos puntos de Galicia!






E despois do cartel... imos co deseño do flyer, deseñado a dúas caras nun tamaño de 15x9 cm.
Esta flyer está destinado a promocionar o Desafío no resto dos eventos deste tipo.


Esta é a promo "VEN... POLA CARA", na que a foto do ciclista coa cara máis orixinal, sufrida, feliz... etc... terá como agasallo unha inscripción totalmente gratuita para este importante evento do BTT.



E esta é a camiseta realizada a partir do logotipo pero, neste caso, prescindindo da cor vermella e cambiándoa por un violeta máis elegante.






miércoles, 3 de abril de 2013

Deseño de díptico ficticio "ROCK OF AGES" (Proxecto de clase)

Aquí andamos de novo, chegando ás 1500 visitas. Moitas gracias a todos os que me adicades cinco minutiños de vez en cando e vos interesades polos traballos que vou facendo.

Neste caso trátase dun proxecto de clase que consistiu en deseñar un díptico para publicitar un musical (a escoller polo alumno).

Tras buscar exemplos, facer moitos bocetos e moitas moitas probas e modelos diferentes... este foi o resultado final. (Móstrase o díptico despregado)

PARTE EXTERIOR

PARTE INTERIOR

jueves, 21 de marzo de 2013

Exposición Tunel para EASD PABLO PICASSO (A Coruña)

Novo traballo, agora para a Escola de Arte Pablo Picasso (A Coruña). A publicación deste traballo éncheme de orgullo por estar destinado ó centro onde curso o grao universitario de Deseño Gráfico.

Trátase da cartelería para a exposición "TUNEL", na que artistas á vez que alumnos do centro mostrarán obras de moi diversas disciplinas, como son a ilustración, a pintura, o deseño gráfico e de interiores, escultura, cerámica, dourado e policromía...

O resultado, un cartel  inspirado na Escola Bauhaus (Alemania), pero buscando sempre a apariencia actual, prescindindo de elementos innecesarios.

Este é o resultado final:



lunes, 18 de marzo de 2013

MagicMusicClub con FerBR

BichoDoFaio presenta un novo cartel para MagicMusicClub. Nesta ocasión, contarán como cabeza de cartel con un DJ cun amplio currículo, tendo actuado en prácticamente toda Europa.

Seguimos contando con absoluta liberdade para a creación da publicidade de MagicMusicClub, polo que  esta vez nos decantamos por unha temática espacial, con tonos escuros e a aplicación posterior de diversas texturas tanto no fondo coma nas tipografías.

Este é o resultado final:

jueves, 14 de marzo de 2013

MELAO BIRTHDAY para DolceVita (Burela)

Pois como comentamos ontes... Tres carteles en tres días! 

BichoDoFaio non para, e desta vez presentamos un cartel para DolceVita (Burela). O cartel está enfocado á celebración dun cumpreanos. O cliente buscaba un estilo elegante e máis "clásico" que outros traballos que realizamos, intentando non separarse moito do cartel típico deste tipo de locais.

Ainda así, BichoDoFaio solucionou o problema reducindo elementos para conseguir un cartel agradable á vista e cun acabado totalmente plástico.

Este foi o resultado final:


miércoles, 13 de marzo de 2013

IVAN B-DAY para MagicMusicClub


BichoDoFaio non para de deseñar!! Se onte presentamos un cartel para Galicia Sonora, hoxe presentamos outro para MagicMusicClub e mañá presentaremos un para DolceVita (Burela).

Neste caso, o cartel para a celebración dun cumpreanos por todo o alto, no que integramos o logotipo do DJ Mr COSTY, deseñado tamén por BichoDoFaio.

Este é o resultado final:


martes, 12 de marzo de 2013

Cartel para GALICIA SONORA

BichoDoFaio presenta un traballo realizado para a plataforma de promoción de artistas Galicia Sonora, que medra a pasos axigantados conforme pasan os meses.

Neste traballo, a liberdade de deseño non foi tan grande como noutras ocasións, xa que os amigos de Galicia Sonora buscaban un cartel que seguise uns patróns determinados, para gardar relación cos deseños dos seus eventos anteriores.

Con estas premisas e tras varios arreglos para que a composición resultase do agrado do cliente, conseguimos un cartel que se diferencia claramente de traballos anteriores, porque BichoDoFaio non se repite e busca a orixinalidade para cada cliente.

Este cartel figura xa na web http://www.clubbingspain.com/agenda/burela/dolce-vita/2013/03/23/galicia-sonora-vol-004-234407.html

Este foi o resultado final, espero que vos guste:


lunes, 4 de marzo de 2013

Cartel para MagicMusicClub (Oh!Caramba Special Edition)

Presentamos un novo cartel para MagicMusicClub, neste caso en colaboración coa discoteca OH!Caramba de As Pontes.

Aproveitando que MagicMusicClub nos otorga liberdade total na creación da súa publicidade, intentamos que os seus carteis sexan totalmente distintos entre sí, movéndonos entre moitos estilos diferentes e sempre buscando manter a orixinalidade como premisa fundamental.

Tras moito traballo de retoque para "limpar" as páxinas do periódico, este é o resultado final:


lunes, 25 de febrero de 2013

Psicodelia para MagicMusicClub

Cambiamos de tercio. Abandonamos os carteles sencillos e elegantes para meternos de cabeza na psicodelia e visión ácida dos anos 60, co LSD como novidade "en boca" de todos.

Tras mais de 8 horas de traballo desarrollando un fondo caleidoscópico e combinando tipografías para facilitar no posible a súa lexibilidade... conseguimos un cartel que non pasa desapercibido. Un cartel no que figura por partida dobre o fabuloso, sabio polifacético e tantas veces admirado Alejandro Jodorowsky.

Este é o resultado final:


jueves, 21 de febrero de 2013

Logotipo para MR Costy

MR Costy, afamado DJ coñecido a nivel autonómico, necesitaba unha imaxe corporativa para mellorar a súa presencia nas redes sociais e nos carteis que promocionan as súas actuacións, polo que o logo non debía superar as dúas tintas, nunha gama cromática compatible con ambos formatos.

Dende o primeiro momento, o cliente tiña claro o que quería. Un logotipo que dese unha imaxe de profesionalidade e cos mínimos elementos posibles.

Despois de tres días de contínuo intercambio de ideas, e de decenas de probas de tipografías, tamaños e cores, e moitas horas de traballo, este foi o resultado final, en todas as súas variacións.




viernes, 15 de febrero de 2013

VITII B-DAY para MagicMusicClub

Pois esta vez con Koschitzky, afamado DJ de PORNOGRAPHIC (Madrid) como cabeza dun cartel que ben se podería confundir co menú de inicio dun videoxogo dos anos 80.

Colores ácidos, elementos gráficos e tipografía basada nos 8 Bits dos videoxogos "retro"... Todo isto presidido por un logo de MagicMusicClub que, neste caso, foi totalmente transformado para levalo tamén á estética dos 80 e ás portadas de videoxogos como o Space Invaders.

E aquí está o resultado:


miércoles, 23 de enero de 2013

Camisetas & Sudaderas (Made in BichoDoFaio)

Achéganse festas como o Bispo Santo... e BichoDoFaio Deseño-Gráfico ofrece unha alternativa para o deseño de camisetas e sudaderas personalizadas para a ocasión.

¿Escoller entre uns cantos deseños sen poder personalizar a túa camiseta COMO TI QUEIRAS?
Isto acabouse porque BichoDoFaio deseña dende cero con toda a liberdade que tí queiras, e por un prezo... !DE RISA!

Camisetas e sudaderas da marca "Fruit Of The Loom" de alta calidade, con máis de 20 cores distintas a escoller.



jueves, 17 de enero de 2013

CARNIVAL PARTY 2013 para MagicMusicClub

Este traballo supuxo todo un reto para BichoDoFaio porque necesitaba ese plus de calidade que se lle deben dar ós eventos importantes.

Neste caso o evento contará coa presencia dun afamado DJ, popular por estar presente en GOA Madrid, Ibiza... etc.

BichoDoFaio, como xa é costume, non podía facer un cartel con antifaces e confetti. A elegancia debía estar presente, e con un par de detalles tiña que ser suficiente para plasmar un leve toque carnavaleiro.

Unha tipografía circense e un fondo, elaborado coma sempre dende cero por BichoDoFaio, rompen coa  seriedade total do resto da composición... Vixilada dende a parte dereita pola imaxe de Marcos In Dub, co seu peculiar estilo.

Este é o resultado final:


jueves, 3 de enero de 2013

"VIII Marcha BTT C.C Burela"

BichoDoFaio comeza o ano presentando o cartel da VIII Marcha BTT, que organiza o Clube Ciclista Burela.

Neste caso, o cartel non podía ser tan "artístico" nin impactante como os anteriores, realizados para o MagicMusicClub. Vai dirixido a un público moito máis específico e a mensaxe debe ser clara e directa.

Esto non significa, por suposto, que o cartel teña que deixar de ser agradable á vista e deixe de ter unha boa composición.

Este foi o resultado final:


sábado, 29 de diciembre de 2012

NEW YEAR´S EVE 2013

Acaba o ano, e BichoDoFaio continúa dando un toque de orxinalidade na cartelería de MagicMusicClub.

"Bolas de nadal, árbores de nadal, neve, serpentinas e uvas". Todos os locais da zona levan estes elementos nos seus carteles. Todos menos MagicMusicClub.

Non querían un cartel cargante, nin un montón de elementos, nin que o lector se perdese entre serpentinas. Querían elegancia, pouco texto e orixinalidade. 

Este foi o resultado final:


miércoles, 26 de diciembre de 2012

Santo... Inocente!!!!

Novo cartel para MagicMusicClub en Foz, para celebrar a noite de Santos Inocentes!

Despois de moito negociar co Neno Xesús para calzarlle os auriculares, que non lle asentaban nada ben... 

Mañá ou como moi tarde o venres pola mañá, publicaremos xa o deseño do cartel de Fin de Ano, cunha festaza que promete no MagicMusicClub!!!


martes, 18 de diciembre de 2012

Magic Music Club "specialweekENDoftheworld"

Nestas datas tan sinaladas, MagicMusicClub (Foz), decidiu celebrar... A fin do Mundo!!!

SPECIALWEEKENDOFTHEWORLD é o proxecto co que BichoDoFaio se estrena no mundo do Deseño Gráfico. 

MagicMusicClub necesitaba aportar ese concepto místico e apocalíptico sen renunciar á claridade na lectura e na composición do seu cartel e xirando dende un principio en torno á mesma idea, que integraría a pirámide maia nun fondo co mar de Foz iluminado por un ceo misterioso.

Logo de moitas modificacións para que o cartel quedase o máximo posible ó gusto do cliente, este é o resultado final: